A Xunta de Galicia vén de impulsar un seguro por mal tempo para os profesionais da pesca galega, dando cumplimento deste xeito a un dos compromisos do programa electoral que presentamos os socialistas na campaña das pasadas eleccións autonómicas.
Penso que esta é unha medida de gran calado social e que terá efectos moi positivos para unha parte importante dos profesionais do mar. A Consellería de Pesca consigue con esta medida responder a un dos retos da presente lexislatura, mellorando as condicións de vida dos nosos mariñeiros.
O noso litoral está sometido a condicións meteorolóxicas que obrigan a amarrar a frota en moitas ocasións, e isto fai que moitos barcos ás veces non poidan saír a faenar coa consecuente pérdida de ingresos para a unidade familiar, por iso considero que esta medida impulsada pola Xunta de Galicia vai a ser de gran axuda para un bo número de profesionais do mar que terán a oportunidade de afrontar as condicións climatolóxicas adversas botando man dun seguro.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destinará case 1,4 millóns de euros para subvencionar este seguro por mal tempo, co que se cubrirá nun 70% as adhesións a este seguro entre o 1 de outubro deste ano e a mesma data de 2008.
Dende o PSdeG levamos defendendo a creación dun seguro de mal tempo dende fai anos ó entender que sería unha medida de carácter social destinada a mellorar a calidade de vida dos profesionais do mar e a afrontar a incertidume pola evolución das condicións climatolóxicas.
Os anteriores gobernos do PP opuxéronse sempre á nosa proposta. Tivemos que chegar ó goberno para que a idea de poñer en marcha un seguro por mal tempo se poidera estudiar e poñela en marcha.
De entrada poderán beneficiarse desta póliza, arrastreiros de litoral e embarcacións de cerco de litoral que traballan en caladoiros nacionais, barcos de artes menores e percebeiros a pé ou a flote.
Con esta medida, auspiciada polo goberno que preside Touriño, incidirase na seguridade marítima e na introdución da cultura do seguro no ámbito da pesca en Galicia.


