La vivienda es hoy el segundo problema para el conjunto de los españoles y el primero para los jóvenes. La gran mayoría de los jóvenes quiere emanciparse pero tiene dificultades económicas para hacerlo. La edad de emancipación en España es cercana a los 30 años, entre las más altas de Europa.
Hoy la ministra de Vivienda, Carme Chacón y el Presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero anunciaban un plan de apoio a la emancipación de los jóvenes fomentando el acceso a la vivienda en alquiler para aquellos que tengan entre 22 y 30 años.
He tenido oportunidad de conocer el nuevo plan de vivienda en alquiler para jóvenes y pienso que será un buen paso para facilitar el acceso a la vivienda a quién más lo necesita: la juventud que busca salir de casa de sus padres y acceder a una primera vivienda para emprender un proyecto de vida.
Algunos tildarán de electoralista la medida, otros hablarán de si el Estado tiene competencias o si está invadiendo competencias autonómicas, habrá también quien se pregunte si no es un derroche de dinero o si el Estado se puede permitir el lujo de gastar tanto dinero en política social … claro que frente a todos estos también estarán los miles de jóvenes y familias que recibirán como agua de mayo una decisión del gobierno socialista pensada para ayudar a un sector importante de la población, familias de bajas rentas y jóvenes, con el objeto de impulsar el mercado del alquiler en España.
Zapatero no ha fallado, esta es una muestra más del compromiso socialista con la juventud.



Marisa escribiu:
Non parece nada novo e a modo de ilustración transcribo parte do editorial do xornal ” EL País”:
“El Gobierno presentó ayer dos medidas para incentivar el mercado de la vivienda que corren el riesgo de convertirse en un aparatoso fiasco político”
“Resulta un poco ridículo que el Gobierno presente como nueva una política de ayudas que ya existe”
“Resulta irritante el evidente ánimo electoral con el que se tramitó ayer la presentación de una ayuda pública que no es más que la corrección de otra que ya existe, sin explicar que ya existe y por qué no funciona”.
O dito, cada dia teño menos confianza en vos os politicos.
Xaime escribiu:
A min, que aposto firmemente polo aluguer, preocúpame moito un problema deste plan: vai provocar unha suba dos prezos no mercado de aluguer.
Xa temos a experiencia en Galicia coa Bolsa de Aluguer da Xunta. Os propietarios van a apropiarse dunha parte importante desa axuda, e a culpa é da falta de competencia no mercado de pisos de aluguer. A solución da Xunta foi establecer uns baremos e un tope no prezo.
¿Vai o estado a poñer en práctica este plan a calzón quitado, sen medidas para evitar que en vez dunha axuda para os mozos se converta nunha nova dificultade de acceso á vivenda para os maiores de 30 anos que apostan polo aluguer?
lage escribiu:
O plan combina as axudas directas e os incentivos fiscais. Ó meu xuízo o mercado de pisos de aluguer non mellorará só con medidas directas a un segmento da poboación senón que tamén o fará coa posta no mercado de vivenda en aluguer por parte da promoción pública de vivendas,que penso que realmente é o talón de aquiles das políticas de vivenda.
O feito de que existise un instrumento vixente tal e como apunta Marisa facéndose eco da información de El País, non impide que tamén se resalten os cambios introducidos que son sustanciais como podedes ver nos documentos que están enlazados coa miña anotación.
Non é a solución a tódolos males, pero está dirixida esta acción a un segmento moi débil da sociedade e penso que precisará de medidas complementarias que equilibren os mercados de pisos en réxime de propiedade e de aluguer.
LuisG escribiu:
Non chegaremos a ningures.
Estou co Vicepresi Económico cando dixo o seguinte fai menos de un ano: “la subvención al inquilino se traslada al incremento de precios automáticamente y pensamos que es una medida que tiene muy poco impacto y que, al final, lo que sirve es para aumentar los precios”
ten razon o Sr. Solbes, esta medida incrementará a demanda sendo a oferta a mesma.
Preguntome eu ¿ pero e que no Goberno de España solo El pasou de 1º de Economicas?
lage escribiu:
Solbes dixo iso pero tamén dixo que estaba dacordo con desgravacións ó aluguer sempre que se destinara a un colectivo concreto como é o caso.
Hai que decilo todo. A medida está dirixida a un colectivo concreto: a mocidade.
Bernabé escribiu:
Xa o fixo Andalucía no seu momneto, logo Galicia e agora o Estado. Pouco a pouco todas as administracións se van unindo ás políticas de axudas para o aluguer de vivendas e para a compra en menor medida ( por razóns obvias).
Todas as medidas tomadas e as que se van tomar (incluída esta nova Lei de Vivenda) veñen axudando aos sectores da poboación máis desfavorecidos economicamente (xóves, anciáns e familias con poucos ingresos).
Todas as medidas que se están a tomar veñen dádas por gobernos de esquerdas (o PSOE en Galicia, Andalucía e o Estado, e Esquerda Unida, dende fai moitos anos, en Euskadi).
Claro, como sempre os do PP criticando…xa pasamos deles. Que decir! Agora alegan o conflicto có Ministerio de Economía. En primer lugar, o que din non é certo. En segundo lugar, un ministro de economía de corte liberal, que vai decir. O señor Solves só se debería encargar de facer contas e se non saen acudir aos fondos de reserva, incluíndo o enorme superavit, que para algo o temos. Iso si, nunca un ministro de economía debería influir nas políticas sociais.
Como ben dixeches, Lage, esta é outra mostra de que o goberno socialista si que cumple, e cumple de verdade! Aínda así, eu me pregunto o por que do cambio de Ministra de Vivenda. Será por interese electoral? De partido (ela pertence á executiva)? Non o entendo…a anterior ministra era francamente boa. Será para gañar máis popularidade neste ministerio…Chacón é máis política que técnica.
Apertas Lage!
P.D: estiven o outro día pola túa terra, Barbanza. Moi bonita esa zona. Unha pena que sexa todo PP, así están algunhas estradas, concellos e…como en Proba do Caramiñal, a Garda Civil, a Armanda e o goberno municipal en pleno, nunha romería, sen respetar a aconfesionalidade do Estado.
P.D.2:Inquetante noticia a saída de Pedro Armada da Delegación.
Xaime escribiu:
A medida estará dirixida a beneficiar á mocidade, pero o claro é que prexudicará aos demais provocando un incremento no prezo dos alugueres.
lage escribiu:
Ola Xaime, esto último que apuntas é discutible, ten máis que ver coa elasticidade da oferta en aluguer que co feito de que a axuda distorsione o mercado.
A clave está en que entre no mercado máis vivenda en aluguer.
Moncho escribiu:
Permitideme dudar dos beneficios de esta corrección a unha medida xa en vigor
Como contestacion ao post de Bernabé o superávit pódese usar de diferentes xeitos: para reducir débeda pública (é o que se fixo ata agora, teoricamente neutro, salvo que os tipos de interese disparásense na UE, cousa impensable), para investimentos públicos (o lóxico, porque achegará melloras socioeconómicas e competitividade para o crecemento futuro), para gasto corrente público (o peor, porque producirá inflación deteriorando a nosa competitividade e crecemento futuro; pan para hoxe e fame para mañá) ou aplicalo en investimentos e gastos correntes “lixo” co que se evaporará sen remedio
Por outra banda, non e seguro a sua apolicacion porque non estaria de mais lembrar que proxectos estrelas do noso goberno, aprovados e publicitados hasta a saciedade ao dia de hoxe non se levan a cabo:
1. Ley de Dependencia:
Todavia non se aplica nin existen beneficiarios recoñecidos
2. Subvención de 2.500 € por fillo:
Leva meses anunciada pero ninguen cobrou un centimo. Ninguen
Benquerido Lage esta medida, anunciada con unha solemnidade que nin organizada polo servicio de protocolo de unha casa real, nin soluciona nin vai a axudar a solucionar nada.
Lamento decir que a única calculadora que se utilizou para esto foi a electoral
Saudos cordiais
Manuel escribiu:
Yo creo que a los jovenes se les debe ayudar a la compra,al alquiler a los viejos que ya no les queda tiempo para pagar las hipotecas.
Y en cuanto lo de que es una decisión del gobierno socialista pensada para ayudar a familias de bajas renta, me parece que los jóvenes ocupados de entre 22 y 30 años, con unos ingresos los 22.000 euros no son el caso
lage escribiu:
Ola Manuel…
.. pois estaría ben definir baixas rentas, que consideras ti baixas rentas?
lage escribiu:
Moncho, a lei de dependencia ten que desarrollarse, vén de aprobar un decreto para o seu desarrollo a Xunta de Galicia, que é a quen lle compete. Este ano en Galicia xa poderían beneficiarse como mínimo 16.000 persoas con gran dependencia.
Penso que está indo con certa lentitude pero o que ninguén poderá negar é que con esta lei se pon no Estado o cuarto pilar do estado do benestar.
O dos 2.500 euros será discutible o feito de que non sexa en función da renda … non o feito de que moitos cidadáns o reciban como unha axuda para sacar adiante o nacemento dun neno ou nena. Son preciso máis medidas de conciliación da vida laboral e familiar, máis equipamentos públicos e máis facilidades no terreo laboral.
Para a túa información nestos momentos estase a buscar un acordo entre os grupos parlamentarios para fixar as condicións de aplicación desta medida.
Respecto da posta en escena de Chacón e Zapatero, podendo entender a crítica, tamén teño que decir que gracias precisamente á súa trascendencia mediática seguramente teña moito máis eco na poboación á que vai dirixida a medida.
saúde
Manuel escribiu:
segun LA VOZ DE GALICIA de 27 de enero el salario medio de un joven gallego con trabajo se sitúa en 13.041 euros netos anuales, 2.200 menos que la media española. Porque si el salario medio hasta los 35 años es de 13.000 euros anuales, los menores de 25 años reciben apenas 9.600, por debajo del salario medio son rentas bajas por encima no
lage escribiu:
Paréceme que o dato que apuntas está moi axustado á realidade, ademais de que La Voz acostuma a utilizar datos bastante certeiros.
Si temos en conta que a cuantía de 210 euros non é por persoa senón por vivenda, poderías achegarnos ó limite de renta con certa facilidade, se no canto dunha persoa por vivenda falaramos de dúas, por exemplo.
Aínda así paréceme importante a aportación que fas.
Gracias
Bernabé escribiu:
Neste momento de setembro o goberno se ten que afrontar a diversos problemas:
*Unha crítica incesante, por membros do PSOE e do Grupo PRISA, á súa Lei de Vivenda. Falando máis correctamente, ao posible plaxio respecto ao plan da ex-ministra Trujillo.
*Uns Presupostos Xerais do Estado (PXE), acompañados dun gran debate acerca da financiación autonómica, do respaldo económico das novas medidas sociais do goberno e das presións dos partidos nacionalitas como CiU, que moitas veces critican por unha cuestión simplemente electoralista e de intereses internos.
*Unha Lei de Dependencia con problemas de aplicación e de finaciación por parte das CCAA e dos concellos.
*Unha crise económica inventada polos medios de comunicación e polo PP. Todo economista serio sabe que é unha simple crise financeira, que ven dos EEUU e que se vai extendendo .Probablemente dure un ano, pero non vai ir a máis e nunca vai ser unha crise económica.
Interesante panoráma para estar a 6 meses das eleccións. Que pasará cando estemos plenamente en campaña? Non vos parece que só falta un atentado de E.T.A ou islamista para ser un momneto bastante delicado para o goberno? Aínda así, neste momento o PSOE ten asegurado o goberno (así o demostra a última enquisa da SER).
Apertas a Lage e a todos os que aquí escribides!
Rosana escribiu:
Apoio total a Sra. Chacon, polo menos algo movese no Ministerio da Vivenda. Queda moitos grupos sociais sin esa cobertura pero debese empezar a camiñar xa.
A quen no lle fara falla tal axuda sera o novo Alcalde de Ferrol, Vicente Irrisari Castro ( PSOE) que de 45.000 € de soldo do anterior ( Juan Juncal, PP) pasou a 73.000 € .
Este home felizmente casado e con dos fillos teria dificultades para chegar a fin de mes coas 625.000 Ptas do anterior Alcalde que nada mais chegar ao cargo adxudicase 1.013.000 Ptas ( un aumento do 62%)
Non hai dereito, eu teño que traballar todo o ano para cobrar o que él ou ti mesmo cobrades nun mes
Lage, hai que meterlle man a esto dos soldos dos Alcaldes e Concelleiros e tamen de vos os diputados, o pobo esta “alucinando” e cansase de ver como ” cada un mira polo seu”. Ao dia de hoxe e unha desfeita.
MON CERVO escribiu:
Sempre que se fagan politicas relacionadas co acceso a vivenda coido que é positivo. O aluguer e a grande asignatura pendente deste país. Pero coido que intentar mellorar unha ley pode ser positivo por eso resultame chocante que se esteña a lapidar a devandita ley sen tan siquera outorgarlle o beneficio da dubida, cando menos.
Pero hay unha cousa que boto de menos (e jodeme darlle a razón ó PP). No eido da vivenda ninguén se lembra dos sufridos contribuintes que estan xa a pagar unha hipoteca e ven como cada pouquiño tempo o Banco Central Europeo subia os tipos de interese amosando unha vez máis que dende a comunidade europea se esta a gobernar en materia economica para os paises ricos como Alemaña, Francia, etc. Polo que sen dubida algunha deberiase artellar dende o goberno do estado medidas compensatorias de cara a correxir este desequilibrio que esta apertando cada dia máis a economia domestica de todolos que pagamos unha hipoteca. E eu non escoito dende a presidencia do goberno ,dende ministerio de vivenda ou dende o ministerio de Economiaa traveso de de rebaixas no Irpf ou temas similares.
Un saudo amigo LAGE
José Manuel Lage escribiu:
Grazas polas vosas aportacións. un saúdo
saida escribiu:
Pues no estoy segura de si estas ayudas están bien o son un parche para tapar lo tremendamente surrealista de los precios de los alquileres. Cómo se solicitan estas ayudas? En el caso de cumplir con los requisitos.
Si alguien dispone de esta información y es tan amable de compartirla conmigo, dejo mi mail
saidam@mixmail.com