Cambio climático e concienciación cidadá

cambio climático 

O fenómeno do cambio climático paréceme das cuestións máis relevantes dentro da axenda política.

Onte coñecíamos a través da Cadena Ser que os países firmantes do Protocolo de Kioto. traballan co obxectivo de reducir entre un 25 e un 40% as súas emisións de CO2 no ano 2020.

Hai que recordar que esta era unha das demandas recollidas no último informe dos científicos do Panel Intergubernamental do Cambio Climático (IPCC).

Tamén as XSG elaboraron fai xa uns meses un documento co obxecto de implicar á Xunta e a outras administraccións na concienciación da poboación xuvenil ó respecto deste problema. E froito dese traballo, presentei xunto a outras dúas compañeiras unha iniciativa parlamentaria co obxecto de potenciar as accións das administraccións públicas galegas na loita contra os efectos do cambio climático, comezando pola concienciación da poboación máis xove.

A noticia coñecida no día de onte é unha bocanada de aire fresco para aqueles que consideramos fundamental incidir nesta problemática, agora só queda que o borrador co que traballan os países industrializados chegue a bo porto.



5 comentarios para “Cambio climático e concienciación cidadá”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>