Cabo Corrubedo, zona protexida

Corrubedo

Hoxe chegouse a un acordo entre o Presidente da Xunta, a Conselleira de Pesca e o Conselleiro-Delegado de Stolt Sea Farm, para cambiar o emplazamento da planta acuícula inicialmente prevista en Punta dos Corvos(Corrubedo) e evitar así unha agresión a esta zona de gran importancia ambiental.

Este acordo coincide no tempo coas xestións que estivemos realizando coa Consellería de Medio Ambiente para acadar a inclusión da área de Cabo Corrubedo na Rede Galega de Espazos Protexidos, tarefa na que está metido de cheo o compañeiro Manuel “Pachi” Vázquez.

Penso que non ter incluído esta área dentro da declaración do LIC do Complexo Húmido de Corrubedo dentro da Rede Natura foi un grave erro do anterior goberno do PP. Iso sendo ben pensado, xa que hai quen apunta a que detrás disto existían interese diferente ó medioambiental.

O relevante do día de hoxe é que acadamos protexer este espazo virxe do noso litoral facendoo compatible ó mesmo tempo coa potenciación da actividade económica dependente do sector acuícola a través dun novo emplazamento na mesma comarca.

A nova ubicación será Costa Galloufa (Porto do Son) e nela instalará dita empresa unha planta multifuncional, onde se cultivarán rodaballo e máis lenguado. No caso desta especie, será a primeira vez que se faga en Galicia. Faran unha inversión de 50 millóns de euros e traerá consigo a creación de máis de 80 postos de traballo.

É unha boa noticia para Corrubedo, tamén o é para Porto do Son, sae ganando o Barbanza e sae ganando Galicia. Touriño amosou hoxe que é posible harmonizar o desenvolvemento da actividade acuícola co respecto ó medio ambiente, na liña que defendemos os socialistas galegos.



4 comentarios para “Cabo Corrubedo, zona protexida”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>