Hoxe coñecín a nova do pasamento de Bonifacio Borreiros. Boni, foi compañeiro do PSdeG-PSOE durante moitos anos, activo importante nos anos 70 na universidade de Santiago na organización xuvenil do mítico PSG, de Beiras, Laxe,Ceferino Díaz, Fernando Martínez …..
Coñecín a Boni máis de preto a partir do ano 1998, cando nos atopamos na Executiva Nacional do PSdeG-PSOE. En Outubro dese ano os socialistas galegos celebramos un Congreso Extraordinario. Estábamos nunha situación delicada, xa que uns meses antes pasaramos a ser a terceira forza política no parlamento de Galicia e o partido non pasaba polo mellor momento.
Naquel Congreso Bonifacio Borreiros apoiou a candidatura de Emilio Pérez Touriño á Secretaría Xeral, sendo un dos apoios que posibilitaron gañar un Congreso que sirveu para comezar a recuperación do socialismo galego e chegar a onde hoxe estamos, ocupando posicións relevantes nas diferentes institucións nas que participamos.
Boni era unha persoa de bo trato, afable, comprometido co seu país, Galicia, coa súa cidade, Ferrol e cos seus ideais, o socialismo en democracia. Así o recordo eu. Descansa en paz, compañeiro.



Rocío G. Calvete escribiu:
Hola.
Sólo son unha simple alumna de aux. de enfermería de Bonifacio Borreiros (Boni, como el nos deixaba chamalo).
Só quería decir que él era un bo profesor de sicoloxía, pero para el o máis importante non era dar a materia e xa tá, non, para el o importante era axudarnos en todo o que poidese, en enseñarnos, pero a que non nos deixásenos pisar por ninguén.
Era compañeiro e amigo antes que profesor.
Poñíanos en casos reales, para que nos fose máis fácil aprender a materia.
Era unha persoa fabulosa.
O peor?
Que xusto, estando facendo as prácticas, no hospital, nos comuniquen que está el ingresado.
Que fixemos?
Pedir se o podíamos visitar.
O permiso foi concedido.
O difícil?
Entrar alí, e velo tirado na cama (sen perder a súa bonita cara).
Que dixo?
Alégrome moito de que esteades facendo as prácticas.
Rocío, sigue coa túa persoalidade de colérica, así era eu!
Non fun capaz, e dinlle un bico enorme.
Díxenlle que o día seguinte pasaría a velo outra vez.
A súa resposta?
Gracias, pero sabes que non estarei aquí!
E así foi!
Descansa en paz, compañeiro!
Boni eres o mellor!
Gracias, por darme a oportunidade de coñecerte!