Nunca vos fixeches a seguinte pregunta: ¿Por qué casi sempre as Medallas de mérito ó traballo se lle dan ós ricos? Ou por qué casi nunca se lle da a persoas alleas ós “focos”?
Bueno, podemos utilizar outro tipo de eufemismo para non chamarlle ricos … pero creo que xa sabedes ó que me refiro.
Rara é a vez que se lle concedan Medallas de Ouro de mérito ó traballo a persoas “anónimas” … traballadores da construcción que levan 40 anos subíndose a un andamio, a agricultores, homes e mulleres que levan dende os 14 anos traballando de sol a sol … a mariñeiros que levan toda unha vida no mar …a un maestro ou a un médico que traballaron no centro de saúde, na escola, na aldea, na cidade, no hospital, na universidade …..
Pois eu levo un días dándolle voltas a isto. Non sei o que pensades vos … a min véñenme á cabeza as imáxenes de Paco “el Pocero” recibindo a Medalla de mérito ó traballo, Rosalía Mera, Julio Fernández Gayoso, Isidoro Álvarez, dono de El Corte Inglés ou Iñigo de Oriol, ex-presidente de Iberdrola …
Pregúntome se teñen sentido este tipo de medallas ou condecoracións?



Troita escribiu:
O grandísimo Máximo, o caricaturista, daríalle resposta as túas cabilacións pintando a aquel Deus barbado co ollo triangular sobre a cabeza que decía algo así:
-E digo eu, por qué no mundo ten que haber sempre ricos e probes?…..Hmmmm…. Ao mellor un día doulle unha oportunidade á revolución
Pero en tanto non chega a revolución, as medallas van p’os de sempre. Eche o que hai !!!