Estamos a vivir estos días no noso pais importantes inundacións con consecuencias para establecementos comerciais, actividades empresariais e fogares particulares. Estamos diante do mes de outubro máis chuvioso dos últimos anos. Certo. Tivemos un verán con importantes incendios forestais. Certo.
Pero eu pregúntome se non teríamos que falar tamén das alteracións da natureza que sufriron moitos pobos e vilas, pregúntome si un medre desordenado, é dicir, un deficiente urbanismo, non terá algo que ver co que está a pasar, pregúntome se dende os concellos se fixo cumprir a lei, e se evitou que se construiran casas á beira dos nosos ríos, véñenme á cabeza estas e outras moitas preguntas ….
Xa sei que agora non é o momento máis axeitado para “acordarse de Santa Bárbara cando trona”, pero non é menos certo que non só se deben a causas naturais as inundacións, o que nos debería de facer reflexionar en canto ó modelo de crecemento que queremos para Galicia.
Os nosos ríos, as nosas rías, o noso patrimonio natural sufriu durante anos a man de ferro do home sobre a natureza; hoxe comezamos a pagar as consecuencias. Só é un chamamento á reflexión, agora o primeiro é atender á poboación, reparar os danos sufridos e axudar ás familias que están sufrindo a consecuencia das inundacións. Nesta tarefa está o goberno de Galicia que preside Emilio Pérez Touriño.


