As fundacións sanitarias pasarán a historia no 2007

O ano que vén as fundacións a través das que se xestionan os hospitais galegos de Verin, Barbanza, Costa Morte e O Salnés quedaran disoltas.

Integraranse na rede pública de xeito progresivo e rematarase deste xeito cun modelo de xestión implantado por Romay Beccaría na súa época de Conselleiro de Sanidade nos gobernos de Fraga Iribarne.

A ver si con esta medida se poden superar as eivas que tiñan os cidadáns que habitan estas comarcas. Sempre repetían e repiten que non é que os seus hospitais de referencia sexan de segunda división, facendo uso dun símil futbolístico, senón que sentían que estaban en Rexional Preferente.

É certo que agora en un ano non se vai a facer o que non fixeron outros en dezaseis pero confío en que poidamos ir dando pasos na boa dirección, de feito o anuncio feito pola Conselleira de Sanidade coa futura disolución das fundacións, creo que é un primeiro paso.



5 comentarios para “As fundacións sanitarias pasarán a historia no 2007”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>