O pasado venres dábase un paso decisivo na axilización das infraestructuras na comarca de Noia. Constituíase a Comisión Social de seguimento do plan de infraestructuras da Xunta para as comarcas de Noia e Muros.
A Consellería de Política Territorial informaba ós axentes económicos e sociais da comarca de Noia dos proxectos de construcción dunha variante de poboación de Noia e do corredor Brión-Noia.
Da xuntanza, saiu un firme compromiso polo cal, entre decembro de 2006 e xaneiro do 2007 será publicado no D.O.G. o estudio informativo do trazado da citada variante de poboación.
Noia terá cun goberno socialista na Xunta a maior inversión pública da súa historia. Falamos de feitos e non de propaganda, que foi a constante durante os 16 anos de goberno do PP na Xunta de Galcia.
Queda un longo camiño por recorrer, non exento seguramente de algunha dificultade, pero traballamos co obxectivo de que as infraestructuras proxectadas sexan unha realidade entre o 2009 e o 2010. Polo de agora as cousas van ben.



María escribiu:
Xa podes estar contento despois de que cambiaran o trazado da Variante de Noia…Agora o teu goberno quere botar o formigón por Noia e Lousame a diestro e siniestro, tirando casas, expropiando centos de fincas e deixando ailladas ás aldeas. Pois que saiba o goberno do Psoe que este proxecto non é ben acollido e terá a resposta da sociedade. e isto pasará factura.
María escribiu:
Noia somos todos. O que non é bo para tantos núcleos de poboación afectados pola alternativa A non e bo para Noia. Se queredes facer algo bo apoiade a alternativa C. Se é máis cara que sexa, os cartos son de todos, e así pagaremos todos e non só os que imos ter que vivir toda a vida pegados a unha autovía. ¿Onde se veu que as autovías se fagan polo medio das aldeas?.
Natalia escribiu:
Non é xusto que empecen con esta alternativa cando hai outras menos drásticas e máis beneficiosas para as aldeas propias de Lousame, dado que con esta proposta non quedan moi beneficiadas, é dicir, quedan illadas.Haberá que estudar outras maneiras de facelas cousas, sin levar todo por diante como queren facer agora e deixar a moitas familias sin os terreos que tiveron toda a vida e que tanto lles costou chegar a eles…Abride os ollos, analizade e logo actúade
Lage » Un salto histórico para Noia escribiu:
[…] que é importante destacar o traballo realizado polas entidades e colectivos sociais de Noia así como polas persoas que dende fai anos levan defendendo a necesidade de vertebrar o territorio […]