
Onte chegábamos a un acordo os tres grupos parlamentarios (PSdeG-PSOE, BNG e PP) para asinar unha declaración institucional de apoio ós mariñeiros secuestrados a bordo do pesqueiro Playa de Bakio.
Declaración Institucional do Parlamento de Galicia a raíz do secuestro do pesqueiro Playa de Bakio:
O Parlamento de Galicia:
• Expresa a súa rotunda repulsa polo secuestro do buque Playa de Bakio, en augas do Océano Indico, próximas a Somalia, e manifesta a súa fonda preocupación pola situación dos 26 tripulantes, entre os que se atopan 8 galegos.
• Manifesta o seu apoio e solidariedade ás familias dos secuestrados e a conveniencia de que estean permanentemente informadas da situación na que se atopan os seus familiares.
• Amosa o seu respaldo á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado para que adopten todas as medidas necesarias para lograr unha pronta resolución da crise, tendo como prioridade a integridade física dos tripulantes do Playa de Bakio e a súa repatriación no prazo máis breve posible.
• Manifestamos o noso apoio a negociación do Goberno de España no seo da ONU, para crear un mecanismo de protección multilateral que permita dispoñer de medios suficientes para a protección dos mariñeiros e buques galegos naquelas augas que exista risco de actividades de piratería.


esther escribiu:
Esta ben estos comunicados conxuntos. Asi parece que todos se preocupan y miran polo pobo.
Non estaria de mais que puxeras un enlance para ver a comparecencia do entonces Secretario de Estado, Bernardino Leon, explicando no Parlamento Español que non facia falla proteccion para os barcos españois nesas augas, que era moi caro.
Home, caro debe ser, pero a min pareceme mais caro que o Parlamento de Galicia pague ao concesionario/a da cafeteria do Parlamento a cantidade de 120.000 euros para subvencionar os menus. En fin, cousas da politica supoño
Saudos
José Manuel Lage escribiu:
Esther penso que non é bo mezclar unhas cousas con outras xa que podes caer en facer demagoxia e iso non contribúe moito ó debate racional.
A posición do goberno de España está no seu traballo diante dos organismos internacionais para crear mecanismos de protección de carácter multilateral e polo tanto aproveitando os recursos e a presencia de diversos Estados nas augas con risco de actividades de piratería.