Apoio ós mariñeiros do pesqueiro Playa de Bakio

Onte chegábamos a un acordo os tres grupos parlamentarios (PSdeG-PSOE, BNG e PP) para asinar unha declaración institucional de apoio ós mariñeiros secuestrados a bordo do pesqueiro Playa de Bakio.

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia a raíz do secuestro do pesqueiro Playa de Bakio:

O Parlamento de Galicia:

• Expresa a súa rotunda repulsa polo secuestro do buque Playa de Bakio, en augas do Océano Indico, próximas a Somalia, e manifesta a súa fonda preocupación pola situación dos 26 tripulantes, entre os que se atopan 8 galegos.

• Manifesta o seu apoio e solidariedade ás familias dos secuestrados e a conveniencia de que estean permanentemente informadas da situación na que se atopan os seus familiares.

• Amosa o seu respaldo á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado para que adopten todas as medidas necesarias para lograr unha pronta resolución da crise, tendo como prioridade a integridade física dos tripulantes do Playa de Bakio e a súa repatriación no prazo máis breve posible.

• Manifestamos o noso apoio a negociación do Goberno de España no seo da ONU, para crear un mecanismo de protección multilateral que permita dispoñer de medios suficientes para a protección dos mariñeiros e buques galegos naquelas augas que exista risco de actividades de piratería.



2 comentarios para “Apoio ós mariñeiros do pesqueiro Playa de Bakio”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>