Ana María Ríos, pesadelo en Cancún

 Ana María Ríos

A lúa de mel en Cancún de Ana María Ríos acabou convertíndose nun auténtico pesadelo cando ía tomar un avión de regreso a Galicia. Foi detida porque supostamente na súa equipaxe apareceu un detonador de uso exclusivo do exército así como explosivo, tipo cartucho.

Un auténtico pesadelo que incomprensiblemente está sufrindo Ana María e a súa familia. Manipularon a súa equipaxe? Cómo pode reterse a unha persoa sen ter unha proba sólida da súa culpabilidade?

A moza de Arcade(Soutomaior) pasou unha semana en prisión por supostamente vulnerar a lei federal de armas e explosivos. A súa declaración diante do xuíz, a falla de probas na súa contra, así como a aparición de contradiccións entre a declaración dun axente da Policía Federal e un empregado da empresa de seguridade do aeroporto facilitaron a súa saída de prisión en liberdade condicional no día de hoxe, ó ser desestimado o cargo máis grave que era de posesión do detonador de uso exclusivo do exército.

 A situación de Ana María e a súa detección por suposta posesión de explosivos fixo que tanto o FBI como a Interpol amosaran interese por este caso.

Ana María, segue a disposición do xuíz e inculpada pola aparición de munición na súa equipaxe. A verdade é que vendo situacións deste tipo non anima moito viaxar a Cancún. Seguro que repercutirá este incidente a curto prazo nas viaxes vacacionais que se organizan dende España a este paradisíaco lugar da costa de México.

A solidariedade dos seus veciños, a presencia da diplomacia española e da súa familia en Cancún de seguro que axudan a que Ana María Ríos poida levar un pouco mellor este inferno.

 Agardemos que esto acabe pronto, e só sexa un pesadelo. Sorte e xustiza para Ana María Ríos!

 



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>