Agora sí! O Freixo terá unha nova lonxa

 O Freixo( OUTES)

 

Agora sí! Tivemos que chegar os socialistas á Xunta de Galicia para que os veciños de O Freixo (Outes) poidan ver materializada unha vella aspiración: unha nova lonxa que mellore as condicións de traballo e venda dos recursos mariños da nosa ría.

En menos de dez meses e co obxecto de buscar unha proposta de consenso, reuninme en alomenos quince ocasións coa Confraría de Pescadores, coa Asociación de Mexilloeiros, coa Asociación de Veciños “O Peirao” de O Freixo (Outes) ademais de xestionar coa Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Consellería de Pesca a habilitación dunha partida nos orzamentos deste ano 2006 para facer posible a construcción da lonxa.

O pasado luns tiven a oportunidade de reunirme cos representantes da Confraría de Pescadores de Noia e da Asociación de Mexilloeiros da Ría de Muros-Noia, así como cun equipo técnico da Consellería de Pesca. Visitamos as instalacións portuarias e puiden comunicarlle ós mariscadores e mariscadoras o compromiso acadado pola Xunta de Galicia: O Freixo terá unha nova lonxa. Os representantes dos mariscadores recibiron con satisfacción este compromiso.

A vella lonxa do Freixo é a segunda en facturación de Galicia no que se refire a moluscos bivalvos. A ría de Muros-Noia é a primeira das nosas rías no que se refire á actividade marisqueira.

 Se en dez meses fomos capaces de impulsar esta actuación, pregúntome porqué en dezaseis anos o Partido Popular non moveu unha palla para dotar dunhas instalacións dignas a máis de mil cincocentos mariscadores da nosa ría. ¿?



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>