Veñen de presentar Touriño e Quintana o acordo básico entre as dúas forzas políticas que conforman o Goberno galego. O PSdeG-PSOE e o BNG fixeron público no día de hoxe as sete áreas de consenso básicas para un traballo común na reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tanto o recoñecemento nacional de Galicia, onde pretendemos manter a Galicia no mesmo nivel que Euskadi e Catalunya dentro do marco constitucional vixente, así como o establecemento do deber de coñecer a nosa lingua o galego, e o dereito a usala, forman parte das propostas comúns das dúas forzas políticas que sustentan a acción da Xunta de Galicia.
Agora haberá que ver cal é a posición que adopta o PP ó respecto deste posicionamento conxunto, xa que durante meses estiveron criticando a falta dunha posición común entre PSdeG e nacionalistas, e agora qué?
A reforma do estatuto terá que ser co PP ou senón non será, é pura matemática, aínda que eu penso que dada a nosa realidade socio-política non só é unha cuestión matemática senón que se trata de algo imprescindible. Así que, ademais de que sen os os votos dos 37 deputados do PP non hai reforma, tampouco sería bo que sairá adiante sen o acordo e o consenso de todos e todas.
Núñez Feijóo ten a pelota no seu tellado, ou defender os intereses de Galicia ou defender os intereses do PP de Rajoy, Acebes, Zaplana, é dicir o de Aznar. O último precedente nas ringleiras populares é o da aprobación do acordo para a reforma do Estatuto das Illes Balears. Que fará aquí o PP ?



Iván escribiu:
Bravo! Creo que o PSdeG e o BNG deron unha lección de diálogo e de gobernabilidade; o pacto de progreso, un ano despois da súa sinatura, segue máis vivo que nunca.
De paso, en media mañá, barreouse dun plumazo a estratexia de meses de Núñez Feijoo e do PP para desgastar ó goberno con este asunto: difundir a idea de que existen dous gobernos en Galica, de que ¿Como vamos a chegar a un acordo para a reforma do estatuto se nim os dous socios de goberno se poñen de acordo entre si?.
Agora a pelota está do lado do PP ¿Deixará Núñez Feijoo a Galicia sen estatuto, como pretenden algúns como o Alcalde de Ferrol, ou se desmarcará da liña ultracentralista do PP nacional e traballará por un acordo e por unha oportunidade que nunca os galegos lle perdonarían que deixase pasar?
ivanpuentes.com