A Xustiza en Galicia, … en galego?

 Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Recentemente podíamos ler na prensa galega unha resposta do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ó respecto do emprego da lingua galega por parte dos xuíces, e que un xornal recollía deste xeito: La institución establece que se empleará esta lengua “si le es posible a la administracción”.

 Despois de ler isto, xa me diredes senón é para indignarse. Ou sexa que o emprego do galego pola administracción de xustiza é sempre que sexa posible….. pois vaia… entón onde vivimos, que dereitos lingüísticos temos, … paréceme unha tomadura de pelo.

O goberno que preside Emilio Pérez Touriño xa pedira no mes de xullo que se sancionara ós funcionarios de xustiza que non utilicen a lingua galega.

Algún xurista como Guillermo García-Panasco, presidente da Asociación de Fiscales, opina que colocar o idioma como un “auténtico requisito” o que faría sería romper “o réxime xuridico unitario” do Estado. Que barbaridade! Outro máis dos que pensa que vai romper España!España!España!

Na España que eu creo, é na España plural, onde teñamos unhas institucións que recoñezan a diversidade, onde todos teñamos cabida, e onde os dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas sexan respetados.

 



9 comentarios para “A Xustiza en Galicia, … en galego?”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>