O goberno que preside Emilio Pérez Touriño anunciou hoxe a posta en marcha dun proxecto piloto de promoción do consumo do peixe nos colexios galegos.
A campaña conta xa cunha mascota, ” A Raspiña”, que fará máis divertido e ameno o acceso dos nenos e nenas ó peixe. Estará presente nos centros educativos, nos meses de maio, outubro e novembro, coincidindo coa época na que permanecen abertos os comedores dos centros escolares que participarán nesta iniciativa piloto.
A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego é unha firme defensora deste tipo de iniciativas, que tamén contan coa colaboración das consellerías de Educación e Sanidade e coas principais cooperativas de armadores de Galicia que aportarán o peixe que se utilizará na campaña de promoción.
Damos un pasiño máis para poñer en valor os nosos productos e promover as boas prácticas alimentarias, que boa falta fai.

