a web do PP de Galicia

Baltar Blanco-2   

 

Acabo de ver a web do PP de Galicia e leveime unha sorpresa cando comecei a botarlle un ollo. Onde está Baltar Blanco, político popular pioneiro na rede?

Chama poderosamente a atención que no apartado de blogueiros, os dous únicos destacados sexan Diego Calvo e Alejandro Gómez Alonso (dous noveles nestas lides) e non sexa precisamente José Manuel Baltar, que é o blogueiro máis coñecido e destacado entre os cargos públicos do PPdeG. Tamén hai división entre boinas e birretes na rede? Ou é unha división entre vencedores e vencidos?

Unha segunda cuestión que chama a atención é a aparición de Nidia Arévalo como Alcaldesa de Mos cando se da conta dos membros do Comité Executivo do PPdeGalicia, … paseniño deberían ir, xa que polo de agora é voceira do grupo municipal popular neste concello…e penso que por moito tempo …

Saudo positivamente que se incorpore o PPdeGalicia á rede, que medre a participación política en internet e que as novas tecnoloxías non sexan unha cousa de frikis.



4 comentarios para “a web do PP de Galicia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>