a Web de Xaime

 Galicia nas túas mans

Hoxe quero falarvos da web do meu amigo Xaime. Él é o “culpable” da miña presencia na rede xa fai case tres anos, a traves da miña weblog, ademais de ser o que sempre me quita de apuros e problemas coa informática e as novas tecnoloxías.

A verdade é que é un auténtico crack.

O seu espazo na rede permitiravos ler cousas moi variopintas, dende reflexións sobre a fin do mundo ata como dar coa fórmula para facer un bó licor de guindas, pero sobre todo o que fará é que todos e todas o poidades coñecer un pouco mellor e vos empapedes dos seus coñecementos e capacidades.

Ahh, e por suposto poderedes desfrutar de fotografías ben boas, como ésta que podedes ver ó comezo deste post, aloxadas nun espazo fotográfico propio dentro da web de Xaime.

Amigo Xaime, noraboa por sair á luz coa túa web. E moitas grazas por seguir enriquecéndome coa túa sabiduría e sentido común.



Un comentario para “a Web de Xaime”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>