Rectificar é de sabios. Temos escoita esta expresión moitas veces. Pois ben, despois das severas críticas que recibiu a campaña radiofónica “A Vicepresidencia de Anxo Quintana fai … o departamento de Anxo Quintana fará….”, esta foi retirada o pasado domingo día 5 de novembro.
Poidemos escoitar nas pasadas duas semanas nas emisoras galegas de radio unha inserción publicitaria que foi un tremendo erro dende o meu punto de vista, tal e como xa teño manifestado.
A Xunta, os departamentos dun goberno non son de ninguén … e a promoción política dun dirixente non debe facerse con cargo ós fondos públicos das consellerías da Xunta. Hai canles para facelo, a través das estructuras das organizacións políticas nas que cada quen milita ou participa.
E son crítico con este tipo de actuacións, porque xa antes o fun cando os gobernos populares utilizaban os cartos públicos para publicidade e propaganda, pero tamén teño que recoñecer que nunca vin unha campaña da Xunta durante os 16 de goberno do PP, na que se dixera: “o departamento de José Cuiña…. a Consellería de José Cuiña …..”, por poñer un exemplo. Fixeron cousas tan criticables ou máis, e hai para dar e tomar, pero a verdade é que a campaña da Vicepresidencia superou o coñecido ata o momento.
O dito, rectificaron e agradécese, entre outras cousas porque esta tamén é unha actitude diferente a dos gobernos presididos por Fraga, nos que nunca se recoñecían os erros e nos que a crítica non existía, ou de existir, rápidamente desaparecía do escenario … xa me entendedes.


andaime :: Quintana: Marcando os vice-espazos :: November :: 2006 escribiu:
[…] Acabo de lere na bitácora do deputado socialista Xosé Manuel Lage que rematou a moi comentada campaña radiofónica “A vicepresidencia de Anxo Quintana…”. Desde que a escoitei a primeira vez pareceume un exemplo máis da teima desde cada unha das áreas do goberno por marcar espazos desde o primeiro momento, sacando peito e tratando de personalizar o máis posible cada un dos logros e pasos dos seus respectivos departamentos. […]
JR2C escribiu:
Me parece moi interesante que te posiciones públicamente sobre o contido da campaña de Quintana, seguramente cociñada por Losada… ó que por certo parece ser que os coroneis queren restrinxirlle o seu poder absoluto cos medios.
Non se pode pretender gobernar un país exclusivamente presentando como garantía de eficacia ou eficiencia os minutos que, previo pago, adican os medios de comunicación a un político, ou seudo político sin analisar realmente a súa xestion. Me parece un fraude.