Optei polos puntos suspensivos porque non podo dar crédito ó que escoito cada vez que poño a radio. Supoño que moitos de vos xa teredes escoitado esa cuña radiofónica na que se fala de “A Vicepresidencia de Anxo Quintana….” no canto de falar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ou da Xunta de Galicia, sen máis.
Penso que é admisible falar da Vicepresidencia da Xunta como si se fala da Consellería de Política Territorial. A Vicepresidencia do goberno de Galicia é un departamento cunha serie de competencias en materia de políticas sociais e igualdade e ten todo o dereito a publicitar as súas actuacións, a pesares do moito que criticaron ós gobernos anteriores por campañas propagandísticas ….
O que me parece inadmisible e esperpéntico é o falar da Vicepresidencia de Anxo Quintana, como se fose del, como se os departamentos fosen das persoas, ….. e máis despois de falar durante anos da patrimonialización da Xunta por parte do Partido Popular…..
Alguén terá que dicir algo sobre esta desafortunada utilización dos recursos públicos!!! Eu persoalmente non estou disposto a quedarme calado.
Formamos parte da mesma maioría que apoia ó goberno presidido polo compañeiro Emilio Pérez Touriño pero non todos somos iguais, ou polo menos eu non estou disposto a mirar para outro lado diante deste auténtico disparate.


Marcus escribiu:
O da cuña radiofónica que comentas coido que leva unhas 2 semanas na radio, e a min tamén me pareceu abraiante, pois parece que quere vencellar a figura de Anxo Quintana coa terceira idade (pois tamén facía aparicións estelas nas xornadas de Lecer cos nosos maiores) e iso é moito máis escandaloso que o que facía o goberno do PP, posto que agora xa non se fala de gobernos e partidos, senón que se personaliza.
Non entendo como poden realizar prácticas aínda peores que as que criticaban hai 2 anos.
isabel escribiu:
O mesmo estaba eu a pensar despois de escoitar a cuña mil veces repetidas do vicenpresidente anxo quintana.
Claro, que tampouco é de extrañar se temos en conta o que fixo o responsable da dirección de xuventude da Xunta de Galicia coa revista “Infoxove”: non existe un só volume no que non apareza Anxo Quintana nunha foto esplendorosa (en plan: dejad de los niños se acerquen a mi)e o propio Rubén Cela. O primeiro volume do novo testamento do Infoxove sí que é abraiante: de 20 follas, catro actos de Anxo Quintana, un par deles máis de Ruben Cela, e entrevista central, a dúas follas co Vicepresidente.
Algo que nin Fraga facía (tampouco lle pegaba moito, a verdade)
A Vicepresidencia de Anxo Quintana: Peor imposible.
lage escribiu:
Marcus, eu non saio do meu asombro. Paréceme un erro grave. Se fose o PP o que o fixera estarían moitos e moitas rajando… creo que é impresentable e impropio de quen criticou a propaganda do anterior goberno presidido por Fraga durante os últimos 16 anos. Hai que ser coherentes, e por iso, precisamente por iso, critico aquí o que tamén tería criticado se o vicepresidente se chamase Baltar Blanco, Núñez Feijóo ou Barreiro Fernandez ::::
Marcus escribiu:
Lage, concordo totalmente contigo. Como curiosidade podo comentar que cando Lecer cos nosos maiores foi por Melide a xente dicía que era algo organizado polo PP, e non caeu da burra ata que apareceu estelarmente Anxo Quintana por alí. Ou sexa, que só lle cambiaron o colar ó can, e desta ocasión, en vez de recoñecer que estaban a reeditar unha política outrora criticada soltaron cousas coma “nada é pouco para os nosos maiores”. Só falta que empecen a montar chocolatadas nas aldeas antes das vindeiras eleccións locais.
Iván escribiu:
Noraboa polo artigo, Lage! Escoitei o da Vicepresidencia de Anxo Quintana hai uns 15 días e non daba crédito. Lembreime de tódalas críticas a publicidade partidista disfrazada de institucional do PP e no corto que este partido se quedou en comparación co lonxe que acaba de ir o BNG.
A Vicepresidencia é da Xunta, dos galegos e galegas, non de Anxo Quintana, porque isto é tanto como dicir A Vicepresidencia do BNG; é o que lles falta.
Tanto a frase esta da Vicepresidencia de Anxo Quintana, como o infinito número de veces que a repiten ó longo da cuña, denotan unha certa desesperación por facerlle un oco na vida política galega ó líder do BNG, diluido entre o Presidente e as consellerías socialistas, pero Antón Losada debería botarlle un pouco máis de inxenio e creatividade ó asunto e non caer na tentación fácil, tantas veces probada polo PP, de afiliar ó Goberno, e polo tanto a toda a cidadanía, a unhas siglas determinadas.
xan escribiu:
Estes que fai nada criticaban as campañas que facian nos dezaseis anos do goberno Fraga,chegan, e en dous días non só caen nos erros que decian combatir, senón que van chegar a deixar a Fraga e os seus secuaces como “democratas de toda la vida”.
Tamén nos deixa os progresistas moi defraudados, cada vez votamos menos, pero é que os politicos obligadesnos.Pois un cousa está clara que non van a servir a causa pública, van a servirse eles, cunha profesionalización da politica que tira para tras.
Ángel escribiu:
Non se abraiar tanto. Eu son deses progresistas galeguistas que están tan decepcionados por este executivo galego e do bipartito que xa non me debería abraiar tanto que non o volven votar.
Exemplos: a xestión da crise dos incendios, o despilafarro do monte Gaiás, a renovación de luxo do despacho de Touriño, as galescolas ou fábricas de nacionalistas, o despido inxustificado de traballadores da Xunta para contentar egos sindicais, o estado das estradas, a desmantelación da bolsa de vivenda para os xóves, a política urbanística, o malvivir dos precarios e profesorado contratado universitario e moito, moito máis…
As próximas eleicións: VOTA IZQUIERDA REPUBLICANA
ivanpuentes.com » Telegaita returns! escribiu:
[…] Refírese Xosé Manuel Piñeiro ó traballo que durante este verán fixo para a Vicepresidencia de Anxo Quintana, animar as “Xuntanzas dos Nosos Maiores”, esas macropapatorias que tiñan sempre como resultado cada domingo unha foto do Vicepresidente bailando un pasodobre coa xubilada de turno. Nada que ver coa Xira da Terceira Idade de Fraga, por suposto, pero, como diría Woody Allen sobre os cartos, produce unha sensación tan parecida que só un auténtico especialista podería recoñecer a diferencia. […]