Hoxe gustaríame recomendar dende a reflexión pausada unhas cuantas lecturas xornalísticas sobre a saída de Antón Losada da Xunta de Galicia.
Penso que poucos poderán dubidar da súa capacidade e coñecementos, o que non me impide disentir dalgunha das súas actuacións mentras formou parte da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, máis alá do que fomos coñecendo a través dos medios de comunicación nos últimos meses. Losada é un animal político, e iso ás veces págase.
Quintana non sería Quintana sen a impagable laboura que desenvolveu nestos anos Antón Losada, que de xeito moi respetable foi construido novas realidades no universo nacionalista, ó mellor cruzando unhas liñas vermellas que o foron situando na diana daqueles que siguen a ser a alma, a cabeza e o corazón do BNG.
Esa é a clave, despois da última asamblea da fronte nacionalista, as cartas estaban botadas e só había que agardar a que pasara o mes de agosto. E agosto pasou … e despois de agosto pasou o que pasou, é dicir, o que o nacionalismo militante levaba anunciando xa fai uns meses.
Tanto Luis Álvarez Pousa dende O Tellado do Gato en El Ideal Gallego como Xosé Luis Barreiro Rivas dende A Torre Vixía en La Voz aportaban a súa reflexión pausada dende dous enfoques diferentes sobre a saída da Xunta de Galicia deste destacado profesor de Ciencia Política.
Aínda que en clave humorística, non quero deixar de recomendarvos tamén a lectura dunha revista de prensa sobre a saída de Losada fabricada nesa industria do inxenio como é Galpón de Breogán.


Manuel escribiu:
Aunque losada perdiera las formas me parece que grabar las comunicaciones telefónicas no es legal y menos hacer públicas dichas grabaciones por lo que a mi entender se debería abrir una investigación, para saber que clase de delincuentes pululan por la tvg
J escribiu:
A ver, non nos enganemos Manuel. os delincuentes que pululan pola TVG estan postos por Touriño and company, asi que “non as temas, non as fagas”…
Anonimo escribiu:
Menos mal que marchou a pena e que non levara con el a toda a xente do pp da ´que se rodeou durante a sua estancia dentro goberno. esperemos que os sustitutos teñan un pouco mais de cabeza e despidan dunha vez a toda esa calaña do pp que segue na xunta rindose da xente do psoe e do bng , porque eles saben que no caso contrario, se o pp volta a gobernar cargariase a todolos gabinetes tanto do pp como do psoe, non creedes?
Anonimo escribiu:
perdon na ultima frase quixen dicir bng e psoe
Manuel escribiu:
J una puntualización desde el 1 de setembro de 1985 hay TVG,por lo que no necesariamente los que filtraron las grabaciones estan postos por Touriño and company
lage escribiu:
Quero facervos un chamamento a todos e todas as que deixades comentarios neste blog para que moderedes as vosas anotacións. Aquí non se censura a crítica nin a discrepancia, todo o contrario, pero o que non se permitirá é o insulto ou a descalificación gratuita.
Non se pode afirmar alegremente que “os delincuentes que pululan pola TVG estan postos por Touriño and company, asi que “non as temas, non as fagas”… como ten feito aquí algún lector.
Penso que os traballadores da TVG ó igual que ós do resto dos medios de comunicación son xente respetable e si alguén ten algunha dúbida dalgunha persoa en cocreto o que terá é que denunciala e non xeneralizar.
Por favor, pídovos respeto nos vosos comentarios
Dordo escribiu:
Despois do “affaire” do carteliño a situación de Losada na Xunta era insostible, por moito que as denuncias presentadas fosen arquivadas. Alédome que se fose.
Xosé Manuel, estou a revisar as últimas entradas no teu blog e decátome de que hai temas interesantísimos da actualidade galega que non aparecen por ningures e sin embargo dedícaslle moito esforzo á crónica da vila e corte madrileña. ¿Será que xa empezamos a estar todos inconscientemente - eu o primeiro - influenciados polo novo tempo electoral da primaveira de 2008?
Por exemplo, un destes temas que a min me preocupan especialmente, o da acuicultura en terra firme, está a xerar unha ampla resposta desde diversos sectores da sociedade sen que o goberno se dea por enterado. A min paréceme que algo se está a facer rematadamente mal cando temos a pobos enteiros en pe de guerra contra o Plan Sectorial da Acuicultura presentado pola Consellería de Pesca, ¿non che parece?
E vaia aquí un tirón de orellas ao goberno/departamentos competentes: o documento do Plan en sí é unha chapuza plagada de erros, inprecisións e dá a impresión de ser redactado desde un despacho con coñecemento nulo do territorio. Lamentable que non se coide un pouco a apariencia de traballos sufragados con cartos públicos.