A relixión no ensino público (I)

Onte escoitei esta noticia “O constitucional avala o despido dun profesor de relixión que fixo público que estaba casado”, e voltei a pensar na anomalía presente no noso sistema educativo. Sigo sen entender como a relixión sigue a formar parte da escola pública nos termos en que coñecemos a asignatura.

Penso que a relixión é algo moi persoal, moi respectable iso sí, pero de orde persoal, a desenvolver no ámbeto privado, ou no plano das congregacións e asociacións adicadas a tal fin.

Onte escoitaba como o Tribunal Constitucional avalou a decisión da Igrexa Católica de non renovar o contrato a un profesor de relixión por entender que non era o idóneo, afirmando ademais que é a Igrexa a que determina o perfil que deben ter os mestres de relixión. Pola contra, dous dos maxistrados da sala segunda do TC emitiron un voto particular decindo que o poder da Igrexa neste asunto non pode ser ilimitado.

É normal que sobre un profesor contratado decida unha entidade allea ó Estado, cando falamos dun centro público ou dun concertado, sostidos ámbolos dous con fondos públicos?

Penso que é unha anomalía e que é unha asignatura pendente, a afrontar sen agredir, con moito respecto ás creencias particulares de cada un, pero sin esquecer que estamos nun estado aconfesional e laico.



2 comentarios para “A relixión no ensino público (I)”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>