Onte mantiven unha reunión de traballo co Presidente de ATIXDEGA, Rodrigo Padín. Esta entidade agrupa ós técnicos de xuventude e ós informadores xuvenís que dinamizan as oficinas de información á mocidade dos concellos galegos.
A xuntanza permiteunos compartir a necesidade de reformar a Rede Galega de Información Xuvenil para facer máis accesibles á mocidade os contidos, e as canles de información e formación que ten a Xunta de Galicia.
Entendo ademais que sería importante que se introduzcan cambios no portal da RIX en internet, facendoo más actrativo e interactivo.
Aproveitamos tamén a xuntanza para falar da reivindicación de ATIXDEGA para que se recoñeza profesionalmente a súa actividade dentro da táboa de empregos que ten o INEM.
Creo que é moi saudable que os profesionais que se adican á información e á formación da mocidade galega se teñan agrupado nunha asociación, deste xeito fortalécese o traballo que desenvolven e ó mesmo tempo partidos políticos como o PSdeG-PSOE, temos un interlocutor representativo dos técnicos e informadores xuvenís co que establecer un diálogo fluido e buscando a cooperación e suxerencias dos mesmos.


