Pois sí, se a Mariña de Lugo non existira, habería que creala.
O mar cantábrico visita tódolos días esta terra, fermosa a rabiar… salvaxe, pero á vez doce e tranquila. Foi para min o gran descubrimento desta semana santa.
Dende Viveiro ata Ribadeo, camiñando polas nubes nas que respirar o perfume da vida, unirte a Asturias dende as alturas ata baixar a Tapia de Casariego, e ver máis vida e máis luz, onde o mar é terra.
Alí o mundo párase cando te achegas á praia das Catedrais e miras ó infinito.
Da Mariña podería escribir con moitas máis letras pero o mellor son sempre as súas imaxes, a luz dos ollos, a salvaxe paisaxe que se amosa con cara doce.



Sean Corbat escribiu:
Estiamdo amigo
Sígoche desde o teu primeiro blog. Hai que ver como mellorou a cousa. Me gusta moito tanto a presentación como a cantidade de links e contidos atractivos que incorporaches ó teu blog.
Estou contingo en que os políticos deberan sumarse a este xeito de manter un contacto mais directo e humano coa cidadanía, vamos, sen corbatas nin ataduras protocolarias.
Pero o que máis me chama a atención é a fotografía de cabeceira. Que profundidade. O mar, o pasear sereo por un inesgotable camiño de area que o mar, ese mar que nos revela un tan infinito como desexado horizonte, metáfora permanente do provir desexado coa mirada perdida. O mar que renova, polo influxo da lua, en cada marea ese camiñar polas areas da vida.
E, nese marco, un home, unha mirada inquisitoria. Unha chamada a resolver con el os enigmas do mais profundo e o de cotío. Un Charlton Heston que pregunta en nome da humanidade, cómo puidemos deixar que sucedera…solo que diante del non están os quebrados restos da estátua da liberdade, senón o non menos inquietante faro de Corrubedo, luz do Zaratustra galaico que comproba con desazón como o auditorio non está preparado para as súas advertenzas.
Deixote que se me pegan as lentellas!!!!!
Otero Regal escribiu:
Sobre A Mariña…..nacin fai mais de medio siglo no punto central da costa de lugo entre Viveiro e Ribadeo…Nois se chama….que non e mais que Sion o reves…..graciñas por a publicidade..e certo o norte de Lugo e Coruña dende Ferrol a Ribadeo..que a min gustariame que se promocionase turisticamente xunto…como Rias Altas-Norte……..e ben fermoso..e a pesares de desaprensivos e xente de mal vivir que o amolaron e siguen amolandoe no aspecto urbanistico ainda ta a tempo de non se combertir no que oxe son as Rias Baixas…dende este goberno, dende ese parlamento deviades , os politicos facer algo apresa para parar a mafia do ladrillo e a maldicion do mal gusto….Barreiros….Rilo…Viveiro Burela…o merecen..
otero regal
lage escribiu:
A ver se entre todos poñemos en valor o potencial turístico da Mariña. Con respeto ó urbanismo e ós desaprensivos só decir que debemos traballar entre todos para conseguir que a nosa maior riqueza que é o noso litoral e a noso medio natural, non sexa destruido. Neso está a Xunta de Galicia