A lingua é para bicar non para odiar

Cada vez que vexo que as linguas son utilizadas para a confrontación política, acórdome dunha campaña que fai anos realizaran as JSC: “la llengua és per besar, no pas per odiar”. Simbólico sí, pero resume perfectamente o que un pensa.

A tarefa política ó respecto das linguas está na súa defensa, sí, pero coa súa posta en valor, a súa promoción, difusión e divulgación, e a súa plena normalización no País no que vivimos.

As linguas deben de servir para que os individuos se comuniquen, se entendan, se expresen. O idioma é un vehículo que utilizamos tódolos días nas nosas accións cotiás, e sirvenos precisamente para o artellamento dunha sociedade .

As linguas son un elemento diferenciador das colectividades humanas, son o código que permite a uns individuos entenderse con outros, e son tamén unha referencia na creación dunha cultura propia, pero non son armas de guerra senón instrumentos para o entendemento entre os pobos.



3 comentarios para “A lingua é para bicar non para odiar”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>