Hoxe aprobouse a Lei de Dependencia no Congreso dos Deputados, que recoñece o dereito das persoas dependentes a ser atendidas polo Estado, independentemente do lugar no que residan ou da súa condición económica ou social.
O proxecto de lei impulsado polo Goberno de Zapatero e que contou co apoio do PSOE, IU, ERC e PP, foi votado negativamente polos grupos parlamentarios de CiU, PNV e EA(Grupo Mixto).
Ábrese o camiño para o cuarto pilar do Estado do Benestar. Estamos diante dun dos proxectos estrela que tiña Zapatero para esta lexislatura e que hoxe foi corroborado por abrumadora maioría.
Agora temos un longo camiño por facer no traballo pola igualdade de oportunidades, hoxe douse un gran paso, quedan moitas cousas aínda por facer.


