Hoxe estamos de festa, de celebración, de recordo. Fai 75 anos proclamábase en España a II República. É un bo momento para recordar unha vez máis que os valores que hoxe se recollen na Constitución e no Estatuto de Autonomía son deudores daquela experiencia política.
Só quero recordar que foi durante este período cando por primeira vez na historia de España as mulleres poideron exercer o seu dereito ó voto en igualdade de condicións cos homes.
Decía recentemente o Presidente do Goberno, Rodríguez Zapatero nunha comparecencia no Senado, que a España de hoxendía mira con satisfacción e recoñecemento á II República. E insistiu nunha ideal central: moitos dos ideais e aspiracións daquela República están hoxe vixente ou en desenvolvemento no noso sistema constitucional.
Hoxe ten moito sentido reivindicar os valores da República dende a España actual. Foi, ó meu entender, coas limitacións do momento histórico, o maior intento de modernización política e social emprendido ata aquel momento. O republicanismo do 1931 fixo posible as primeiras eleccións non desnaturalizadas polo caciquismo. Uneu a liberdade política á extensión da instrucción pública, e ambalas dúas ás reformas sociais. Separou á Igrexa do Estado e puxo o xérmolo do sistema autonómico-federal que temos hoxe en España.
Recoméndovos que visitedes a web do Ateneo Republicano de Galicia que fai unha labor pedagóxica moi importante na transmisión dos valores republicanos:
http://www.ateneorepublicano.com/
Amigas e amigos, saúde e República.
Que pasedes unha boa fin de semana


Guggenheim escribiu:
Só queda separar do todo a igrexa e o estado (estámolo vendo estos días coa vergonzosa imaxe das corporacións municipais desfilando tras os tronos de santos e virxes ou financiando as procesións de fundamentalistas relixiosos que se autolesiónan con látigos e cadeas) e asentar do todo o sistema autonómico para deste xeito reforzar a estabilidade política de España. Unha vez dito todo isto coincido contigo: Vivimos nun sistema no que se plasman moitos dos valores republicanos… a materia pendente é apróbaremola cando pasen uns anos e entremos na madurez democrática facendolle unha homenaxe aos Borbóns polos seus indudables méritos e servicios prestados e dándolles por fin o estatus de cidadáns de a pe.
JR2C escribiu:
Aconsello a tódolos lectores WWW.larepublica.es
Moi interesante.
espello escribiu:
está perfecto pensar nun estado republicano. o que non sei e que pintaba a alcaldesa de Muros nas procesións de semana santa presidindo esa manifestación relixiosa. averá que ir actuando con responsabilidade xa.
Gorka escribiu:
¿II República democracia? La misma que para los socialistas no era más que un mal menor hasta llegar al sicialismo real, la de los asaltos a iglesias, colegios cristianos y asociaciones monárquicas, la que no admitió perder las elecciones en 1933 y decidió alzarse en armas, “Ni un ministro de la CEDA” gritaban los “demócratas” socialistas. Es usted un mentiroso asqueroso con el mismo nivel de credibilidad que Franco. Libertad tenemos ahora, cuando se puede ser de izquierdas, se puede ser de derechas y se puede ser apolítico sin que, salvo algunos animales (ETA, ANV, cabezas rapadas, falangistas, fascistas y antifascitas), nos enfrentemos entre nosotros. ¡Viva la Constitución Española! ¡Viva Bono! ¡Viva Pepe Vázquez! ¡Viva el socialismo democrático!