A Fiscalía do TSXG admite unha denuncia sobre a Cidade da Cultura

A Fiscalía non actuou de oficio no caso da Cidade da Cultura tal e como poñíamos de manifesto o pasado martes, pero sí vén de admitir a trámite unha denuncia que presentou fai uns días unha nova plataforma cidadá liderada polo ex-secretario xeral da CIG-Administración, Xan Carlos Ansia.

A Plataforma “Cultura Sí, Mausoleo non” quere que se diriman posibles responsabilidades penais por parte dos anteriores gobernantes da Xunta de Galicia e ten manifestado tamén a súa posición contraria á investigación no parlamento de Galicia.

Eu sigo pensando tres cousas fundamentais, primeiro que á vista do informe do Consello de Contas trasladado á cidadanía a través dos medios de comunicación podería ter actuado a fiscalía de oficio, non o fixo. Segundo, que non ten nada de malo que no parlamento se abra unha comisión de investigación e poidamos poñerlle algo máis de luz a este escuro episodio, e terceiro, que tan importante como o anterior, é coñecer con máis precisión o futuro da Cidade da Cultura, redifinición, contidos e proxecto museístico-cultural, xa que se acrecentan na sociedade galega as dúbidas sobre si ten sentido seguir adiante ou non con este proxecto.

Xa dixen en anteriores comentarios que ó meu xuizo a prioridade no gasto público debía ter ido por outro camiño cando concebiron este megaproxecto, para o actual goberno non foi fácil tomar unha decisión, dificil sen dúbida, e racionalizar a desfeita que atopamos.



2 comentarios para “A Fiscalía do TSXG admite unha denuncia sobre a Cidade da Cultura”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>