Onte asistín en Caldas de Reis (Pontevedra) á Festa dos socialistas galegos, un ritual que se repite xa ano tras ano, despois da primeira edición que tivera lugar en Culleredo (A Coruña).
Máis de 3.000 compañeiros e compañeiras compartimos un día de festa na que non faltou a empanada, o arroz e a carne ó caldeiro nunha comida que se alongou ata media tarde.
O Presidente Touriño cumplindo co compromiso que adquiriu coa mocidade galega, aproveitou para anunciar a creación de máis de 35.000 postos de traballo no vindeiro ano. Deste xeito o goberno da Xunta de Galicia dará resposta á principal demanda dos mozos e mozas deste país.
Na tribuna de oradores tamén estiveron presentes o alcalde de Caldas, o secretario xeral da UGT de Galicia e o Secretario de Organización do PSOE, José Blanco que aproveitou a ocasión para afirmar que “o PP está abocado a unha derrota contudente, que os levará a ter que cambiar de estratexia e de líderes”.
Gracias ós compañeiros e compañeiras que adicaron os seus esforzos nas semanas previas para facer que esta cita do socialismo galego fose todo un éxito. Noraboa!


