A corrupción no urbanismo. Hoxe no Hai Debate!

 Hai Debate!

Esta noite participarei no programa Hai Debate! da TVG no que se abordará a  situación do urbanismo en Galicia, tras as recentes informacións nas que se destapan supostas irregularidades urbanísticas.

Tamén terá cabida no programa a  internacionalización do  denominado proceso de paz en Euskadi, é dicir, o intento de que ETA abandone a loita armada.

Estarán Diego Calvo polo PP e Tareixa Paz polo BNG, representando ós outros dous grupos políticos con representación parlamentaria. Ó outro lado da mesa sentaranse o Catedrático de Dereito Constitucional e profesor da USC,  D. Roberto Blanco Valdés e os xornalistas Xan Carballa de A Nosa Terra e Roxelio Garrido, subdirector de Faro de Vigo.

Agardo que o debate sexa do voso interese.



4 comentarios para “A corrupción no urbanismo. Hoxe no Hai Debate!”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>