A cooperación pesqueira de Galicia

No pleno desta semana no parlamento de Galicia compareceu a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos para dar conta a petición propia da política pesqueira de cooperación no exterior.

Foi un dos debates máis serenos nos que teño participado ó longo desta lexislatura. Existiu unha coincidencia básica entre os tres grupos parlamentarios sobre as políticas públicas de cooperación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia.

O goberno de Galicia está apostando pola cooperación ó desenvolvimento incrementando a cooperación directa, pasando de actuar en 9 países (ano 2005 co PP no goberno) a facelo en 14 (ano 2007 goberno socialista na Xunta) e abrindo por primeira vez unha liña específica nos orzamentos Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que contan cunha partida de máis de 2 millóns de euros.

Penso que estamos a traballar na dirección axeitada; a política correcta ó meu xuízo é aquela que incide en formar i educar nos países en desenvolvemento, en definitiva ensinar a pescar e non darlle os peixes no plato sen máis.

Podedes ver o debate mantido no parlamento e facer as vosas aportacións.



Un comentario para “A cooperación pesqueira de Galicia”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>