A CIG acusa a Quintana

A central sindical nacionalista CIG acusa a Quintana de seleccionar persoal para Xunta con tribunais políticos. Non dou crédito!

O motivo non é outro que a convocatoria de 30 prazas de persoal temporal a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Os sindicalistas nacionalistas fan unha denuncia pública na que advirten que os citados postos de traballo poderían continuar ocupados por funcionarios pero segun a CIG o Sr.Quintana «prefiere que sean dirixentes do BNG os que escollan ás persoas que traballen neste organismo».

A CIG chega a afirmar na súa denuncia pública que «son xa centos as persoas contratadas baixo a metodoloxía de contratos temporais para as galescolas ou para o consorcio seleccionadas por tribunais políticos».

Paréceme moi forte a denuncia. Si os feitos que este sindicato denuncia fosen certos estaríamos diante dun feito de gravidade, en termos de calidade democrática, e máis recordando os precedentes do PP na Administracción. Imaxino que a CIG non será unha organización sospeitosa de anti-nacionalismo nin de nada polo estilo.

A CIG alertaba de que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar está a conceder prioridade á entrevista persoal nos procesos de selección, de xeito que os puntos obtidos nesta proba son «determinantes» para gañar a praza.

O delegado sindical da CIG nos Servizos Centrais, Manuel Díaz, aseguraba que «O Consorcio de Quintana convoca probas sen bases, senn temarios e sen ningunha garantía».

Ó meu xuízo, os procesos de acceso á administracción pública deben de rexirse polos principios de igualdade de oportunidades, publicidade, mérito e capacidade. Co PP, co PSdeG, co BNG ou co sursum corda, goberne quen goberne. Iso é o que eu defendo.

Penso o mesmo que pensaba cando os socialistas estábamos na oposición: o acceso á función pública debe seguir os principios constitucionais.

A utilización do concurso-oposición de xeito xeralizado, ó igual que a realización de probas pouco transparentes por parte da administración paralela da Xunta son prácticas que non comparto e que deberían ser unha excepción dentro das ofertas de emprego público da Administracción Galega.

Imos facer unha cousa si vos parece…. (de entrada eu nin creo nin deixo de creer a denuncia da CIG sobre as supostas prácticas de Quintana no Consorcio.)

propóñovos que si tendes coñecemento dalgunha destas prácticas, si sabedes dalgún concurso-oposición que prime especialmente a entrevista persoal ou tendes coñecemento da inexistencia de temarios, bases, garantías, etc en probas de acceso á administracción púbica, mo fagades chegar a través dun mail (lage[arroba]jmlage.net) ou do xeito que estimedes oportuno.



18 comentarios para “A CIG acusa a Quintana”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>