A Barcala e Rande xa non teñen peaxe

Onte foi un día histórico para os veciños do Morrazo e da comarca da Coruña.

Os tramos Vigo-O Morrazo e Barcala-A Coruña están libre de peaxe para os cidadáns que utilicen a AP-9 nos citados traxectos.

Despois de moitos anos de vellas reivindicacións, e tras 16 anos de goberno do Partido Popular en Galicia nos que non se moveu unha palla, os gobernos da Xunta de Galicia e do Estado, presididos por Touriño e Zapatero, cumpren cos compromisos coa cidadanía que se estableceran nos programas electorais.

Os socialistas cumprimos coa palabra dada, e neste caso estamos a falar de dar resposta a unha vella peticion social pero tamén falamos duna forma determinada de entender a politica.

Os compromisos e os programas están para desenvolvelos e cumprilos. Moitas veces hai dificultades, non existen recursos económicos suficientes, non sempre se poden priorizar tódalas accións a un mesmo tempo, pero o que non debe faltar nunca é vontade politica.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>