Hoxe o voceiro do grupo parlamentario do BNG, Sr. Aymerich Cano, facía unhas declaracións incendiarias, nas que afirmaba que “…dende o PSdeG se quere seguir traficando co voto emigrante….”. Que barbaridade!
O que non se pode é traficar coa demagoxia e menos facer declaracións irresponsables tentando quitar rédito político.
Dende o PSdeG-PSOE e a través do propio presidente da Xunta, Touriño, temos impulsado a constitución dunha ponencia parlamentaria precisamente co obxecto de regular mellor o voto emigrante e dotalo de tódalas garantias mentras as leis do Estado sigan recollendo ese dereito ó voto por parte duns cidadáns que viven no exterior.
Outra cousa é o debate sobre o dereito a votar ou non, que é ben interesante pero non é precisamente do que se estaba a falar.
Sería bó que a política non se fixera a base de excesos e utilizando a brocha gorda como ten feito neste caso o voceiro do BNG.
Penso que se debe acelerar ó máximo os trámites para que os emigrantes poidan exercer o sufraxio en urna e tamén se debe levar adiante a depuración do CERA, para evitar situacións que poñan en dúbida permanente o proceso electoral na emigración.
Nesta tarefa, urxente e importante, deberíamos estar todos dacordo, sendo fundamental que tódolos grupos traballaramos coa idea de levar dende Galicia a voz cantante neste asunto no conxunto do Estado.
Actitudes coma a do Sr. Aymerich, con todo o meu respecto cara él, a verdade é que non axudan en nada na tarefa colectiva que nos temos marcado no Parlamento de Galicia.


juan carlos gonzalez escribiu:
Non agardaba menos de vostede. O contrario sería do revés, que estivera a favor do Sr. Aymerich. Que se digan cousas por persoas alleas ó partido sempre molesta e ista vez o parlamentario do BNG ten toda a razón en dicir que PP e PSdeG aproveitanse dos votos emigrantes.
Non hai máis que ver, por ser máis recentes, as derradeiras eleccións autonómicas nas que o PP agardaba lle deran a maioría absoluta, coma sempre. Mais, polo ben de Galiza, non foi así e os votos mudaron para o seu partido, que soubo mellor vender os favores na diáspora. Bueno, eu estou conforme pois algo gañarían os galegos que residen fóra de Galiza.
lage escribiu:
Respecto tódalas opinións. A miña respecto ó voto dos emigrantes é máis complexa que unha mensaxe demagóxica das que se acostuma a utilizar tanto cunha orientación como coa contraria.
O que vostede podía agardar de min? bueno… xa lle digo, respecto moito a súa opinión, o que non admite é que se diga que o PSdeG trafica co voto dos emigrantes, paréceme impropio dun deputado como Carlos Aymerich, que coñece perfectamente o signifcado da súa frase.
En todo caso, alégrome que comparta a ledicia polo cambio de goberno na Xunta de Galicia. Seguro que seguiremos intercambiando puntos de vista.
un saúdo
trasguaje escribiu:
Completamente vergonzoso, cuando un trabajador pierde su “trabajo” va al paro. VIVA EL IZQUIERDOMETRO!!! y si eres empresario (PATRONAL-DERECHITAS) y no tienes trabajo te marchas para la casita.
http://mirasfole.blogspot.com/2007/06/indignado-hasta-ms-no-poder.html
Dordo escribiu:
A Aymerich quentóuselle a boca. E ós cidadáns de a pé quéntasenos a cachola cada vez que pensamos que un descendente de terceira xeración de emigrantes, que nunca pisou Galicia e que non sabe o que aquí acontece, teña dereito a decidir quen NOS goberna ( a nós, ós de aquí), non a EL.
Claro que o voto emigrante é un bocado demasiado goloso para que os partidos mairitarios pensen en renunciar ó mesmo.
lage escribiu:
Dordo, respecto a túa opinión pero non creo que cando hai unha ponencia conxunta entre o tres grupos parlamentarios para tentar chegar a algo, a mellor maneira de colaborar sexa acusándonos a nós de “traficar” cos votos dos emigrantes.
Eu coincido co sentir da poboación que pensa que o dereito ó voto debería vincularse nas eleccións municipais ó tempo de residencia, isto tería que explicalo con máis calma e con moitos matices, pero non debemos esquecer a lexislación existente e tamén os dereitos que conleva ser cidadán español.
O dito, que teremos oportunidade de falar sobre este e outros temas.
saúdo