A Aymerich quentóuselle a boca

Hoxe o voceiro do grupo parlamentario do BNG, Sr. Aymerich Cano, facía unhas declaracións incendiarias, nas que afirmaba que “…dende o PSdeG se quere seguir traficando co voto emigrante….”. Que barbaridade!

O que non se pode é traficar coa demagoxia e menos facer declaracións irresponsables tentando quitar rédito político. 

Dende o PSdeG-PSOE e a través do propio presidente da Xunta, Touriño, temos impulsado a constitución dunha ponencia parlamentaria precisamente co obxecto de regular mellor o voto emigrante e dotalo de tódalas garantias mentras as leis do Estado sigan recollendo ese dereito ó voto por parte duns cidadáns que viven no exterior.

Outra cousa é o debate sobre o dereito a votar ou non, que é ben interesante pero non é precisamente do que se estaba a falar.

Sería bó que a política non se fixera a base de excesos e utilizando a brocha gorda como ten feito neste caso o voceiro do BNG.

Penso que se debe acelerar ó máximo os trámites para que os emigrantes poidan exercer o sufraxio en urna e tamén se debe levar adiante a depuración do CERA, para evitar situacións que poñan en dúbida permanente o proceso electoral na emigración.

Nesta tarefa, urxente e importante, deberíamos estar todos dacordo, sendo fundamental que tódolos grupos traballaramos coa idea de levar dende Galicia a voz cantante neste asunto no conxunto do Estado.

Actitudes coma a do Sr. Aymerich, con todo o meu respecto cara él, a verdade é que non axudan en nada na tarefa colectiva que nos temos marcado no Parlamento de Galicia.



5 comentarios para “A Aymerich quentóuselle a boca”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>