A aposta polo Porto de Cabo de Cruz

Cabo de Cruz

Os veciños de Cabo de Cruz ( Boiro) levan anos agardando que os responsables políticos cumpran o que prometen cando visitan esta poboación. Fai tres meses mantiñamos unha xuntanza o Presidente de Portos, Vicente Irisarri e eu mesmo co 1º Tenente de Alcalde de Boiro, Juan Jesús Ares e máis cos directivos do Clube Náutico da citada localidade.

Obxectivo: acadar que as promesas feitas durante moitos anos por anteriores responsables do goberno autonómico se transformaran en compromisos concretos por parte do novo goberno galego.

Hoxe podo decirvos que estamos un pouco máis preto de acadar a posta en valor do porto de Cabo de Cruz e do seu aproveitamento tamén para fins náuticos-recreativos, incrementando así o potencial turístico que xa ten a día de hoxe a nosa comarca.

Cabo de Cruz verá mellorado o seu porto que da cobertura a un dos máis importantes polígonos mexilloeiros do mundo, coa ampliación do muelle comercial proxectada pola Xunta de Galicia. Tamén se levará a cabo a construcción do contradique no que se habilitará o porto deportivo.

Estanse dando pasos dende a Xunta de Galicia para axilizar ó máximo a realización dos trámites administrativos previos ó comezo das obras, existen algunhas dificultades, pero confío en que o sentido común e o diálogo axuden a superar os pequenos atrancos que quedan por superar.

En poucos meses poderemos falar de feitos, polo de agora estamos preparando o camiño para que as promesas se convirtan nunha realidade desexada.



8 comentarios para “A aposta polo Porto de Cabo de Cruz”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>