Hoxe, como xa vén sendo tradición, celebramos a Festa d@s Socialistas Galegos. Esta vez foi en Vilagarcía, no recinto feiral de Fexdega. Alí nos reunimos máis de 4.000 militantes e simpatizantes para compartir un proxecto colectivo de modernización e progreso para Galicia.
As vindeiras eleccións xerais son o inminente reto que temos no socialismo galego, co obxectivo de converternos na primeira forza política do país e contribuir de xeito decisivo á victoria de Zapatero.
Aproveito a ocasión para agradecer o traballo das compañeiras e compañeiros que fixeron posible, un ano máis, a celebración deste evento.



Bernabé escribiu:
Dende logo, unha festa como a de onte é un certame perfecto para iniciar un novo curso político e electoral tan peculiar como o que se nos avecina.
En teoría o PSOE non ten problemas para gañar estas eleccións, pero debates como o de ETA, a unidade de España…e situacións similares á de Juana ou a do fin do proceso de paz, poderían repercutir negativamente nos votos recividos polo sempre problemático voto de centro. Todo dependerá do debate que leve acabo o PP, as súas crises, e se nós somos quen de explicar aos cidadáns as melloras políticas que este goberno de progreso levou adiante. Un goberno, como xa dixen un día, que cumple, na medida do posible, case o 100% do programa electoral.
Esperemos que todo salga ben. Aínda queda moito por falar nestos meses das Eleccións Xerais do 2008.
Unha aperta compañeiro!!!
P.D: collín unha idixestión estomacal de mil pares de demos na festa.
Roberto Glez. escribiu:
Eu non poiden asistir a festa por motivos laborais pero estiven con todos vos no pensamento . As próximas eleccións xerais non están gañadas pero temos o camiño a medio andar, so temos que chegar a meta .
SAUDOS
Blas escribiu:
Acabo de ver a foto que puxestes no post, e saes moi ben na esquina inferior dereita, ao carón de Vergara o alcalde de Cedeira.
E moitas grazas, na parte que me toca, polo teu agradecemento.
Blas escribiu:
Ah!!. Bernabé sinto moito a túa indixestión estomacal
lage escribiu:
Blas, tes boa vista, casi é imperceptible … e realmente casual. Unha pena a indixestión estomacal de Bernabé.
Agardo que te recuperes compañeiro. Un saúdo para Roberto e para todos e todas as que non tiveron a oportunidade de asistir.
Saúde