O pasado xoves acompañei ó conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández na súa visita ó concello de Noia. Xunto ó noso candidato á alcaldía, Rafael García, tivemos a oportunidade de reunirnos con diversos colectivos sociais.
Quero destacar aquí o compromiso adquirido por Pachi Vázquez cos representantes da Confraría de Pescadores San Bartolomé : A ría de Noia e Muros quedará completamente saneada no ano 2010.
Tamén se farán as xestións necesarias co Ministerio de Medio Ambiente para que se faga un estudio sobre a posible eliminación da escollera e a rexeneración de zonas agora improductivas dentro da ría.
O Conselleiro de Medio Ambiente abundou neste reto durante a conferencia-coloquio celebrada na casa de cultura noiesa e organizada polo PSdeG-PSOE do Barbanza. Resaltarei que a Xunta prevee unha inversión total de case 40 millóns de euros para acadar un obxectivo prioritario para os socialistas. O saneamento integral das rías foi unha das cuestións que defendemos con máis forza na pasada campaña electoral.
No transcurso deste acto, Manuel “Pachi” Vázquez tamén dixo que a Xunta incrementará o control sobre os verquidos no río Tambre, tema de gran preocupación para o sector marisqueiro de Noia e Outes e que formará parte dun programa de mellora da saúde dos ríos por parte da Consellería de Medio Ambiente.
Non podo esquecer as palabras do compañeiro García Guerrero ó referirse á protección da ría e desbotar que se altere a xeografía da ensenada. «Estamos dispostos a asumir o desgaste político que faga falta, aínda que se perdan as eleccións, pero defendemos que a ría só se toque para limpala e para retirar a escollera”.
Só podo decir que comparto ó 100% as afirmacións do próximo alcalde de Noia.


