2009 Autovía do Barbanza

O ano 2009 será o ano da Autovía do Barbanza. Despois de moitos anos agardando que se rematara co “corredor da morte” no que se convirteu a vía rápida do Barbanza, o Presidente Touriño anunciou esta semana unha noticia longamente esperada polos cidadáns da bisbarra do Barbanza.

En Xaneiro do 2009 poderemos dispoñer desta ansiada infraestructura que suporá un salto cualitativo nas posibilidades económicas e sociais das poboacións de Arousa Norte e Sar, pero tamén un salto importante na mellora da seguridade vial.

Non fará falta recordar que a mal chamada “vía rápida” tiña o récord de ser  a única estrada de altas prestacións que contaba con varios paneis recordando o número de persoas fallecidas nesta estrada que unía Padrón con Ribeira.

En Xuño do 2005 durante un acto de campaña electoral en Ribeira tiven a sorte de compartir con Emilio Pérez Touriño o compromiso dos socialistas coa comarca do Barbanza. Daquela dixemos que cando chegaramos á Xunta de Galicia a nosa comarca tería en catro anos a autovía que viñamos reivindicando dende facía moito tempo.

Tanto no ano 1997, no 1999, no 2001 e no 2003 , os dirixentes do Partido Popular na Xunta de Galicia prometeron, prometeron e prometeron unha autovía para o Barbanza. A realidade é moi tozuda, co PP na Xunta o Barbanza tivo promesas, feitos ningún, 0 metros de autovía.

Hoxe, podemos decir que os socialistas cumplimos unha vez máis coa palabra dada, e nunha soa lexislatura (2005-2009) na Xunta de Galicia o Barbanza contará coa ansiada autovía.



4 comentarios para “2009 Autovía do Barbanza”


Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>