Anotacións de Abril dUTC 2005



Pois vai ser que sí. O 19 de Xuño toca votar, toca cambio

21 de Abril de 2005

Hoxe Fraga anunciou que o vindeiro luns procederá á sinatura do decreto de disolución do Parlamento e convocatoria de eleccións anticipadas para o 19 de Xuño. As presións do PP estatal, co propio Rajoy á cabeza, foron brutais. Fraga cedeu, pero a improvisación palpase no seu propio partido, xa que colleu á propia maquinaria electoral [...]


¿o 19 de xuño eleccións galegas?

20 de Abril de 2005

Mañá día 21 de abril, o Presidente da Xunta anunciará a súa decisión definitiva sobre a data das eleccións galegas. Unha parte moi importante do Partido Popular estivo durante os últimos 15 días presionando de novo a Fraga Iribarne para que cambiara de parecer e adiantara os comicios autonómicos. Todo indica que Fraga romperá a [...]


Euskadi, unha nova etapa

19 de Abril de 2005

As eleccións en Euskadi trouxeron un resultados que para min significan : A sociedade vasca é moi plural, non existen forzas que alcancen maiorías suficientes Hai máis de 150.000 euskaldúns que optan por opcións electorais encuadradas na esquerda atberzale.(PCTV + Aralar) A dereita en Euskadi tivo un claro retroceso electoral(PNV e máis PP baixaron 4 [...]


A TVG está convertida na TV do PPdeG

13 de Abril de 2005

Hoxe tivemos un enconado debate no Parlamento de Galicia a raíz dunha interpelación que presentamos dende O Grupo Parlamentario Socialista para denunciar a manipulación continuada do goberno popular sobre os medios de comunicación públicos de Galicia. Pérez Varela, conselleiro interpelado, fuxiu e nin apareceu polo Pazo do Hórreo para contestar os inquéritos que este humilde [...]


Beiras, non mereces o que che están a facer

6 de Abril de 2005

Levamos varios meses asistindo no campo político do nacionalismo galego a unha ceremonia semanal de execución lenta do maior referente do nacionalismo galego dende a morte de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Ás veces convirtese nun ceremonial cuasi diario, que vén de acentuarse nos últimos tempos,e de xeito máis claro dende a decisión do Voceiro Nacional [...]


Loli Rodríguez, nova secretaria xeral das Xuventudes Socialistas

5 de Abril de 2005

O pasado fin de semana(2 e 3 de abril) elixiuse unha nova dirección da organización xuvenil do PSdeG-PSOE, despois de que fose aprobado o informe de xestión da anterior dirección, encabezada por Alfredo Rodríguez, que obtivo unha calurosa despedida neste cónclave. Baixo o lema, A nova Galicia nas túas mans as mozos e mozas socialistas [...]