Anotacións de Febreiro dEurope/Berlin 2005



Galicia dixo SI a Europa.

21 de Febreiro de 2005

As galegas e os galegos respaldaron onte 20 de Febreiro a futura constitución europea.
A participación neste proceso foi do 43,02% do censo, 985.097 galegos e galegas, acudiron ás urnas.
Escrutado o 99,11% dos votos emitidos en Galicia, os votos afirmativos supoñen o 81,33% dos sufraxios, o respaldo ó non é do 12,18% e o voto […]


20 de Febreiro, un día histórico. O resto de Europa nos mira

20 de Febreiro de 2005

Hoxe, os veciños e veciñas do resto dos Estados membros da UE nos estarán observando, seguirán a nosa xornada electoral e tamén a doutro Estado membro, Portugal.
No noso caso, temos o referendum para ratificar o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa. Durante as dúas últimas semanas poidemos facer unha campaña informativa […]


Cuiña asoma a cabeza, Fraga recoñece que o PP pasou de Galicia e Aznar pídelle explicacións.

18 de Febreiro de 2005

O pasado mércores José Cuiña comparecía na Comisión de investigación sobre o Prestige e dende o mércores as augas no PPdeG volven a remover o caso do Prestige e os polvos que logo trouxeron os lodos que todos coñecemos.
Esta Comisión voltou a funcionar logo da sentencia do Tribunal Constitucional polo recurso presentado no […]


O PP pide que se garantice o voto emigrante. Mala conciencia, non sí?

10 de Febreiro de 2005

No ano 1989, existían 45.887 cidadáns galegos no censo especial de residentes ausentes (CERA), durante a era Fraga en Galicia pasamos a ter no CERA 305.000 persoas, aproximadamente, en 2005.
Hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia, o Conselleiro Popular, Sr. Miras Portugal, propuxo a creación dunha comisión para garantir a […]


Núñez Feijóo, conselleiro de tellados e canalóns.

9 de Febreiro de 2005

A política en Galicia asómase ó xenero da comedia como poidemos comprobar no día de hoxe. O aspirante a suceder a Don Manuel no PPdeG, o Sr.Nuñez Feijóo foi de turné propagandística á comarca do Barbanza e dispuxo inaugurar actuacións da consellería que dirixe, entre as que se atopaba o remozamento da cuberta da […]


Fraga e Iribarne: a Abstención sin condón

7 de Febreiro de 2005

Nunca nos deixará de sorprender o Presidente fundador do Partido Popular. Don Manuel volve a ser Fraga os días pares e Iribarne os impares. Agora volve a evitar o uso do condón e lanzase a proclamar que a abstención é lexítima e o sí un mal menor.
Xa ven, Don Manuel en línea coas rancias institucións […]


Comezamos a campaña do Sí á Constitución Europea

4 de Febreiro de 2005

Venres, hoxe ás 00:05 comezábamos a campaña a prol do SÍ cunha pegada simbólica na praza do concello de Ribeira, no Barbanza. Serán 15 días interesantes que deberán contribuír á que o conxunto de cidadáns teñan a suficiente información sobre o que se vai votar o vindeiro 20 de Febreiro.
Os socialistas defendemos o Sí á […]


Os Premios Goya, patriotismo americano, patriotismo español e cidadanía

1 de Febreiro de 2005

Os Goya foron un éxito para Galicia e para os galegos, por Mar Adentro, polos premiados, pola historia de Sampedro, e por universalizar dende Galicia un feito local.
Un éxito, tamén, xa que serviu para reivindicar máis alá da “Villa y Corte” o traballo, a valía e o saber facer de galegas e galegos que […]