¿o 19 de xuño eleccións galegas?

Mañá día 21 de abril, o Presidente da Xunta anunciará a súa decisión definitiva sobre a data das eleccións galegas.

Unha parte moi importante do Partido Popular estivo durante os últimos 15 días presionando de novo a Fraga Iribarne para que cambiara de parecer e adiantara os comicios autonómicos.

Todo indica que Fraga romperá a súa costume de convocar ás galegos e ós galegos ás urnas no mes de outubro, como fixo en repetidas ocasións.

Ós socialistas non nos debe ocupar moito tempo o debate da data electoral. O PSdeG-PSOE é a alternativa de goberno ó PP e neste sentido as nosas ocupacións deben estar centradas en levar por todo o País as nosas propostas e o noso programa para cambiar Galicia e introducir ó país nun proceso de renovación democrática e modernizacion.

Fraga, como político hábil que é, tenta desvirtuar o debate da campaña electoral, obviando a súa xestión, e facendo dos comicios un plebiscito sobre o goberno de ZP e o seu compromiso con Galicia.

O debate das eleccións galegas debe versar sobre a xestión do goberno do PP ó longo desta accidentada lexislatura, o cumprimento ou incumprimento das promesas e do programa presentado no ano 2001 e a confrontación das opcións partidarias, a través dos líderes políticos, os partidos e os programas electorais.

Mañá sairemos de dúbidas, pero os sinais de fume que chegan dende Monte Pío e tamén da Rúa Génova en Madrid, indican que os tambores de batalla electoral comezan a soar con moita forza.



Deixa un comentario

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>